Lecer e deporte activo

O Eume é un lugar ideal para a práctica deportiva e o lecer

Senda da Calvo Sotelo

Senda da Calvo Sotelo

Un paseo polos espazos clave da historia da industrialización das Pontes.

Esta senda é un paseo pola historia industrial da Vila na que se habilitaron espazos nos terreos de Endesa. A ruta parte da vila e vai percorrendo unha ruta do pasado industrial. Hai paneis informativos na Senda nos que se fala dos aspectos máis relevantes, como a chegada da fábrica de Enfersa ou a primeira térmica da empresa nacional Calvo Sotelo.

A senda ten unha lonxitude de 1,6 km e hai distribuídos seis paneis que explican a industrialización desde inicios do século XX na beira do río Eume.

O inicio desde o centro da vila faise desde a ruta sinalada situada a carón da ponte de Perfolla.