Lecer e deporte activo

O Eume é un lugar ideal para a práctica deportiva e o lecer

Ruta do Batán de Folgoso

Ruta do Batán de Folgoso

Unha ruta entre batáns e muíños

Un paseo ao pé dun regato que atravesa unha fraga centenaria, no que podemos ver varios batáns e muíños antigos. Se facemos a ruta no verán, debemos fixarnos ben debaixo dos carballos, xa que é posible que vexamos moitos arándanos silvestres, que ademais de ser moi saborosos, son unha fonte excepcional de vitaminas e fibra.