Lecer e deporte activo

O Eume é un lugar ideal para a práctica deportiva e o lecer

Praia da Madalena

Praia da Madalena

Un areal ideal para gozar en familia

Emprazada no dique que canaliza a desembocadura do río Eume. Ten 1.100 metros de lonxitude e unha anchura media de 50 metros. De area branca e augas tranquilas. Ten ao seu carón un extenso e frondoso piñeiral, no que tamén hai lugar para outras especies, como a sobreira, e onde existen mesas e bancos para xantar. Dispón de servizo de socorrismo no verán, acceso para persoas con mobilidade reducida e unha ampla oferta hostaleira.

Cada ano entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, no seu extremo Sur habilítase un espazo de 150 metros para mascotas.