Lecer e deporte activo

O Eume é un lugar ideal para a práctica deportiva e o lecer

Camiño de Pena Fesa

Camiño de Pena Fesa

Camiñando polos cumios de Monfero

Trátase dunha ruta que percorre a zona máis alta de Monfero ata o monte de Pena Fesa, cumio icónico das Fragas do Eume. Un percorrido de montaña pra gozar da paisaxe e coñecer algún dos lugares históricos do concello, como a fonte de augas ferruxinosas Fonte de Insua Longa, cuxo frontón de granito data do ano 1865.