Lecer e deporte activo

O Eume é un lugar ideal para a práctica deportiva e o lecer

Praza do Conde

Praza do Conde

Emprazada no centro de Pontedeume ofrece unha fermosa panorámica do Torreón dos Andrade

Orixinalmente propiedade do Conde, pasou á vila nunha data indeterminada e foi ampliada notablemente en 1936 coa desaparición do pazo dos Andrade. No centro, construíuse en 1671 a fonte ou Pilón, abastecida coa auga dos mananciais do monte Breamo. O actual Pilón foi realizado en 1788 polo mestre de canteiría Andrés de Monteagudo. Entre 1952 e 1960 construíuse neste espazo a praza do mercado municipal.