Lecer e deporte activo

O Eume é un lugar ideal para a práctica deportiva e o lecer

Kaiak

Kaiak "A barca de Ramón"

Unha empresa de turismo activo que mantén viva a lembranza dos seus devanceiros

Se queres gozar dun día de lecer en familia nun lugar de beleza indescritible, esta é a túa mellor opción. "A Barca de Ramón" toma o nome dunha iniciativa dos seus devanceiros, que tiñan unha barca para comunicar as aldeas de Bermui (As Pontes) e Rebordochao (Monfero).

Se te decides por vivir esta aventura nas augas do Eume, "A Barca de Ramón" dispón de Kaiaks Rotomod Ocean que non precisan da asistencia dun monitor nin experiencia previa, xa que son kaiaks abertos moi estables, seguros, autobaleirables e insubmerxibles.

Aínda así, é imprescindible saber nadar e reservar con antelación.