Un merecido descanso

Hoteis, casas rurais, albergues e campings nos que descansar e desfrutar da tranquilidade das Fragas.

Pensión

Pensión "A Falúa"

Típica casa mariñeira no corazón da vila medieval de Pontedeume

A Falúa é un pequeno hotel de 8 habitacións: 3 familiares, 4 dobres e unha para mobilidade reducida. Na planta baixa hai un servizo de cafetería para o almorzo e degustación de produtos ecolóxicos da terra e do mar.

A Falúa é unha típica casa de pescadores de 3 plantas situada no casco histórico de Pontedeume e totalmente restaurada con todas as comodidades dun hotel moderno.