Un merecido descanso

Hoteis, casas rurais, albergues e campings nos que descansar e desfrutar da tranquilidade das Fragas.

Casa Rural

Casa Rural "Graña da Acea"

Unha antiga casa de pedra do século XVII rehabilitada

Luminosidade, amplitude, silencio e tradición son as notas dominantes destes 700 metros cadrados de aloxamento rural. As 9 habitacións da Casa Rural Graña da Acea están distribuídas en dous edificios case anexos: 6 delas na Casa Grande e 3 na Palleira, que foi o antigo palleiro da casa.

A finca, con máis de 6 hectáreas de xardín, prado e monte, chega ata o río, nun val sempre verde con profusión de fentos, acebos, castiñeiros e carballos centenarios, vexetación típica do entorno do bosque atlántico das Fragas do Eume.