Terras do Anaris

Un territorio quebrado polo mítico río Eume, no último bosque atlántico europeo

Mosteiro de San Xoán de Caaveiro

Mosteiro de San Xoán de Caaveiro

Un refuxio de espiritualidade milenaria no corazón das Fragas do Eume

Agochado no máis profundo do bosque, érguese este antigo mosteiro. Conta a lenda que foi no ano 934 cando San Rosendo decidiu levantar este cenobio, nun penedo rochoso na confluencia dos ríos Eume e Sesín, para reunir nel aos anacoretas que habitaban o lugar.

É o monumento histórico artístico máis relevante do Eume e un lugar que debes coñecer sen excepción se visitas as Terras do Anaris.