Terras do Anaris

Un territorio quebrado polo mítico río Eume, no último bosque atlántico europeo

Casa Rural

Casa Rural "Vila Valedoso"

Unha vivenda turística no corazón das Fragas do Eume.

Casa de pedra restaurada con moito gusto no ano 2015 que consta de dúas habitacións de matrimonio con baño propio no piso superior. No piso inferior hai un salón e unha cociña comedor equipada con todo o necesario.

Se desexas uns días de tranquilidade e contacto coa natureza, Vila Valedoso é unha magnífica opción.