Roteiros de senderismo

Camiña polas antergas sendas do Eume

Camiño Vello de Caaveiro

Camiño Vello de Caaveiro

Un camiño medieval no corazón da Fraga

Etnografía, patrimonio, natureza e deporte danse a man para conxugar unha das rutas máis fascinantes do territorio. Pontes e muíños antigos, que nos trasladarán a unha época na que as fragas eran o espazo de traballo e sustento dos homes e mulleres que habitaron o Eume durante xeracións.